Art & Roll
Art, Eyes, and Rock and Roll. Diary of Life and Death
jueves, 2 de enero de 2014
Here comes the Sun
Contan, que un día, aquelas tres rochas no deserto foron mulleres. Namoradas do Sol, pedíanlle tódolos dias ir con el no seu viaxe ó redor do mundo. "Queremos coñecer o espazo, lévanos contigo". "Ninguén pode vir comigo" dicía o Sol. Elas insistían: "es a luz da vida, déixanos ir." De tanto que insistiron, o Sol dubidou. Imaxinou que se quedaba coas tres mulleres, vivindo unha vida cómoda, sen responsabilidades, sen cargas. Viuse tentado e estivo a punto de caer. E cando xa estaba casi disposto para entregarse nos brazos das tres mulleres, nun instante fugaz, máxico, a imaxe da súa amada Lúa recordoulle por qué estaba alí.
Os estigmas da súa alma impedíanllo.
O sol petrificou ás tres mulleres para impedirlle cair na trampa.
E dende entón alí están. Vendo atardecer eternamente. O seu único pecado foi namorarse de quen non debían.
miércoles, 9 de octubre de 2013
miércoles, 19 de junio de 2013
domingo, 14 de abril de 2013
martes, 2 de abril de 2013
miércoles, 20 de marzo de 2013
lunes, 11 de marzo de 2013
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






