Sobre min


Adrián Conde Novoa, tamén coñecido como Adrian Cevert nado en 1991 e vivo ata o momento. Pintor e debuxante, escritor ás veces, e, tal e como pinta o panorama, estudante de por vida.
Artífice deste humilde blog.  Podes contactar comigo a través dos comentarios das entradas de “Art & Roll” ou se o prefires enviarme un mail a adrycn28@gmail.com

"Art & Roll” tan só é un espazo onde comparto a miña forma de ver o mundo, a sociedade e o interior das persoas. Unha ollada un tanto pesimista ás veces, escura e traumática. Afortunadamente a miña vida acostuma a ser máis bonita que as miñas obras.
Dende un estilo desaturado pasando por outro máis alegre e colorido a contradición está presente na miña obra. Este será tamén un camiño de evolución, polo que encasillarme nun estilo a estas alturas da película podería ser un grave erro.

Tódolos debuxos, pinturas, textos, fotografías ou demais que sexa publicado neste blog é propiedade exclusiva do autor, Adrian Conde Novoa, sempre e cando non se indique o contrario. Polo tanto, queda totalmente prohibida a difusión o uso e a copia das imaxes ou verbas aquí plasmadas sen previa autorización do autor.

1 comentario:

  1. "A contradición está presente na miña obra"... jajajja me gusta eso. Me gusta tu blog, señor Conde!! :)

    ResponderEliminar