“Art & Roll” e un
proxecto no que expoñerei debuxos, pinturas e escribirei, se cadra (non prometo
nada) algún texto. Pero que raios é isto?
Art: arte, nin facía falla traducilo. É o que intento facer,
consígao ou non díteno vostedes. De tódolos xeitos, ninguén me puido dar aínda
unha definición absoluta e universal de qué carallo é a arte. Supoño que non
existe. Eu teño a miña propia, vendo as miñas entradas irédelo descubrindo.
Eyes: “Ollos”. Unha pequena obsesión (e se son azuis moito mellor) e ademais un dos moitos símbolos
que coido iredes atopando ó longo do blog. Din que os ollos son o espello da
alma, non? Pois por aí van os tiros…
Rock & Roll:
Porque me peta. O meu estilo de música favorito e o que se sole escoitar de
fondo mentres debuxo ou pinto. Unha gran fonte de inspiración que tamén ten a
súa influencia no meu traballo.
Diary of Life and
Death: A contradición. Como poden a Vida e a Morte, algo tan antagónico,
escribir nun mesmo diario? Reflexo dunha personalidade contraditoria. A
meirande parte de nós non vemos o mundo do mesmo xeito tódolos días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario